Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vimianzo presenta o seu menú de outono

Vimianzo presenta o seu menú de outono
VImianzo Gastronomico Outono 2012

Preto de 400 menús servíronse durante as Xornadas Gastronómicas de Outono do ano pasado. Por iso, os Concello de Vimianzo e os restaurantes adheridos (O Castillo, Casa Sabina, Vázquez, Pastoriza, Edreira e Casa Paco) únense de novo para ofrecer un menú gastronómico elaborado con produtos de outono a un prezo de 20 euros bodega á parte. Todo na 3ª edición destas Xornadas gastronómicas de Outono.

Ademais, a proposta complétasecon ocio e repostería. Así os Celme, Mehari, A Rúa, Quilmes e Casa Landeira (Treos) son os bares que presentarán unha oferta de ocio durante as fins de semana das xornadas gastronómicas, contacontos, actuacións musicais, magosto,... E a Panadería Ignacio, Antoxos e Sampedro oferecerán os seus produtos de repostería para as sobremesas, nomeadamente as pedras e a bica de Vimianzo.

Todo isto foi presentado o pasado sábado o alcalde Manuel Antelo acompañado dos xerentes do restaurante O Castillo, Casa Sabina e das panaderías Antoxos, Ignacio e Sampedro, que aproveitaron para presentar unha mostra do que nos ofrecerán nos menús da campaña.

Manuel Antelo salientou a unión do sector hostaleiro de Vimianzo que participa xa na terceira edición dunhas xornadas gastronómicas para animar á xente a achegarse a Vimianzo.
Os hostaleiros destacaron que o éxito das anteriores xornadas os animou a participaren nesta, xa que en tempos de crise hai que dar un aliciente que anime vir a Vimianzo. nesta ocasión será mes e medio no que se poderá degustar un destes menús gastronómicos, desde o día 1 de novembro ata o 15 de decembro, como en anteriores ocasións, durante as fins de semana.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios