Xoves. 10.10.2024
El tiempo

Vimianzo presenta a súa candidatura para ser un dos municipios máis sostibles en canto ao alumeado público

Vimianzo_Renovación luminarias Alumeado
Vimianzo presenta a súa candidatura para ser un dos municipios máis sostibles en canto ao alumeado público

O Concello de Vimianzo vén de presentar a súa candidatura na Costa da Morte para ser un dos municipios máis sostibles en canto ao alumeado público grazas á renovación das luminarias exteriores, situación derivada da execución do proxecto de mellora enerxética do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, que comezara a finais de outubro de 2021.

Cun orzamento que ascendeu a 2,3 millóns de euros, esta actuación, que permitiu a renovación de 4.500 puntos de luz  luminosos de tecnoloxía LED levouse a cabo nos 133 lugares do municipio, é unha das de maior investimento levadas a cabo nesta lexislatura. Desde o Plan de Recuperación aportouse o 80% do presuposto, achegando o  Concello o 20% restante, para acadar un aforro de case un 50 % para as arcas municipais, toda a vez que se mellora a estética e a seguridade tanto dos peóns como dos condutores e condutoras.
Ademais, este é un dos proxectos con máis responsabilidade medioambiental posto que as luminarias empregan o 95 % da enerxía da luz desperdiciando tan só un 5 % en calor, o que as fai máis duradeiras.
 

Comentarios