Mércores. 13.11.2019
El tiempo

Vimianzo, presente na nova xuntanza do programa ERN4mob en Eslovaquia

Vimianzo, presente na nova xuntanza do programa ERN4mob en Eslovaquia
Manuel Antelo en Eslovaquia nunha xuntanza do proxecto ERN4mob Manuel Antelo en Eslovaquia nunha xuntanza do proxecto ERN4mob

Segue avanzando o programa da Unión Europea ERN4mob (European Rural Network for Job Mobility), un proxecto para unir forzas e favorecer a mobilidade laboral entre as comunidades rurais europeas. Desta volta, despois das reunións en Sicilia, Irlanda do Norte., PortugalPolonia, tocaba visitar Eslovaquia. Ata alí, ata a localidade de Obec Zemplínske Hámre, foi unha delegación do Concello de Vimianzo.

Unha delegación presidida polo alcalde Manuel Antelo, que destaca “a importancia de participar neste programa, pois permitelle aos participantes comprobar o funcionamento doutras entidades locais de similares características e coñecer, de primeira man, como solucionan problemas comúns a todas elas”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios