Vimianzo, presente na nova xuntanza do programa ERN4mob en Eslovaquia

09:05 06/07/17

Segue avanzando o programa da Unión Europea ERN4mob (European Rural Network for Job Mobility), un proxecto para unir forzas e favorecer a mobilidade laboral entre as comunidades rurais europeas. Desta volta, despois das reunións en Sicilia, Irlanda do Norte., Portugal e Polonia, tocaba visitar Eslovaquia. Ata alí, ata a localidade de Obec Zemplínske Hámre, foi unha delegación do Concello de Vimianzo.
Unha delegación presidida polo alcalde Manuel Antelo, que destaca “a importancia de participar neste programa, pois permitelle aos participantes comprobar o funcionamento doutras entidades locais de similares características e coñecer, de primeira man, como solucionan problemas comúns a todas elas”.
Novas relacionadas
- Marzo 2017: Vimianzo exporta e importa experiencias laborais europeas en Sicilia.
- Decembro 16: Vimianzo leva ata Irlanda do Norte o seu proxecto de mobilidade laboral.
- 22-09-16: Vimianzo participa nun encontro internacional sobre a mobilidade laboral que se celebra en Portugal
- 18-05-16: Vimianzo estreita lazos laborais en Polonia
- 18-03-16: As administracións potenciarán o emprego no rural coa formación e a inclusión social.
- A emigración e a inmigración exponse a debate en Vimianzo
- Vimianzo acolle un encontro internacional sobre a Mobilidade Laboral
- A Rede Europea para a Mobilidade Laboral para en Vimianzo
- Camariñas importa e exporta dende Italia sabedoría na produción local.
- O concello de Vimianzo abre o prazo para inscribirse proxecto Youth acting in Rural Europe.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo