Domingo. 08.09.2024
El tiempo

Vimianzo queda sen paso de peóns

Vimianzo queda sen paso de peóns
Vimianzo pedira un paso de peons en Correos

Pois non haberá paso de peóns na AC-552 ao seu paso por Vimianzo. A Consellaría de Medio ambiente, territorio e infraestruturas da Xunta de Galicia remituille ao Concello de Vimianzo un escrito desestimando a petición da veciñanza e do Concello para que se pintara un paso de peóns na estrada Carballo-Fisterra, nas proximidades da Oficina de Correos da localidade.

As razóns esgrimidas polo ente autonómico para rexeitar a petición son que actualmente os peóns teñen pasos próximos polos que cruzar, mentres que a implantación de novos pasos infuiría negativamente na fluidez do tráfico rodado.

No informe técnico que acompañan, ademáis indican que “ante a permanente presión dos peóns para pintar pasos por doquier, sendo normalmente o propio concello o peticionario, é polo que debe facerse un esforzo didáctico cara eles”.

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios