Martes. 23.04.2024
El tiempo

Vimianzo recada máis de 6.500€ no II Festival Benéfico

Vimianzo recada máis de 6.500€ no II Festival Benéfico
Irán destinados ás persoas máis necesitadas. Unha representación da Plataforma Solidaria de Asociacións do Concello de Vimianzo reuniuse onte co fin de facer o balance do importe recadado no II Festival Benéfico que congreou a centos de persoas o pasado domingo na Casa da Cultura vimiancesa. En total recadáronse 6512€ entre a venda de entradas e rifas ao que hai que engadir a gran cantidade de alimentos non pedecedeiros recollidos. Os cartos ingresáronse nas contas bancarias de Cruz Vermella e Cáritas de Vimianzo que son as entidades encargadas de xestionalos co fin de axudar ás persoas máis necesitadas. Terceira edición O gran éxito da gala celebrada o pasado domingo xunto co do ano anterior, fai que a organización xa pense na organización dunha terceira edición. Isto non sería posible sen a colaboración do persoal voluntario, artistas, comerciantes e público en xeral que demostraron, unha vez máis, que Vimianzo é unha vila solidaria.

Comentarios