![afaber concello de vimianzo]()
O alcalde de Vimianzo recolleu onte o certificado entregado por AFABER
A asociación de familiares de persoas con Alzheimer de Bergantiños - AFABER - entrougoulle onte a Manuel Antelo -alcalde de Vimianzo - o
Certificado de Concello declarado solidario coa enfermidade do Alzheimer ao concello de Vimianzo.
O concello de Vimianzo declárouse coma Concello Solidario coa Enfermidade do Alzheimer no ano 2012, apoiando así a necesidade de atender aos veciños que conviven con unha demencia e tanto implícase na atención en demencias e Alzheimer.
Dende o mes de maio membros de AFABER desprázanse ata o concello de Vimianzo co fin de manter informada e orientada á poboación da comarca do Soneira en materia de Alzheimer e doutras demencias. O
Punto de Información e Atención está situado no baixo da casa consistorial ao carón das dependencias do Xulgado de Paz e o horario de atención é os mércores e xoves de 10:00 a 13:00 horas.
Actividades AFABER
![actividades afaber 2016]()
Por outra parte, AFABER inicia estes días a súa programación para os vindeiros meses. O próximo 14 de novembro iniciará o
programa de Envellecemento Activo a través dos talleres de memoria que se desenvolverán os luns e os mércores - de 16:30 a 18 horas - no Pazo da Cultura de Carballo.
Os
grupos de apoio para familiares de persoas afectadas por unha demencia terán unha reunión o vindeiro día 8 de novembro, ás 10:30 na casa da Cultura do concello de Santa Comba e, ás 20 horas no local de AFABER en Carballo. O grupo de Cabana reunirase o día 9, ás 16 horas no centro de maiores de Cesullas.
E o vindeiro 18 de novembro, a partir das 20:10 horas AFABER celebrará o seu
tradicional magosto no local da entidade, na Rúa Camelias, 2 - baixo en Carballo, ao que están invitados todos os socios e colaboradores da entidade.
Para asistir aos talleres de memoria e ao magosto é preciso anotarse nos números de teléfono 981 758 545 - 625 980691 ou no enderezo electrónico afaber@xestion.net.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- AFABER.