Xoves. 12.09.2024
El tiempo

Vimianzo recorda os 80 anos do fusilamento de Andrés García Ferreiro, secretario municipal

Vimianzo recorda os 80 anos do fusilamento de Andrés García Ferreiro, secretario municipal
fusilamento-andres-garcia-ferreiro No 2011 o concello de Vimianzo organizou un acto de homenaxe ao que foi secretario municipal O concello de Vimianzo recordou onte o asasinato do que fora secretario municipal, Andrés García Ferreiro día no que se cumpriron 80 anos do seu fusilamento. "Ás 8 da mañá do 15 de marzo de 1937 foi asasinado no Campo da Rata da Coruña. García Ferreiro chegara a Vimianzo en marzo de 1936 para poñerse á fronte da Secretaría municipal, en substitución do anterior secretario que fora destituido por fraudes reiterados. "García Ferreiro plasma as inxustizas sufridas polas persoas que loitaron pola democracia no noso país que, en moitos casos, deron a vida polos seus ideais, tal e como lle sucedeu a García Ferreiro" indica o alcalde - Manuel Antelo -. Coa sublevación contra o goberno republicano o alcalde do concello Manuel Alborés, o seu irmán José, o propio García Ferreiro, Alejandro García Lema e Francisco Lamela Reino, puxéronse á fronte do Comité de defensa da República. O 22 de xullo un grupo de obreiros dirxíanse a Baio para enfrontarse cun grupo de falanxistas e García Ferreiro, prevendo unha masacre dos republicanos, desviounos cara ás Torres de Martelo, das que xa se abrira un expediente municipal para a súa expropiación e utilización por parte do concello de Vimianzo. Os obreiros ocuparon as Torres, izando as bandeiras da República, do partido Comunista e do sindicato UXT. O día 25 de xullo a Garda Civil e un grupo de falanxistas tomaron o Castelo e depoñen a corporación republicana detendo a Andrés García Ferreiro, mentres que o alcalde José Alborés consegui fuxir e permaneceu oculto até 1950, ano no que se entregou, foi condeado a 15 anos de cadea e posteriormente indultado. Non tivo tanta sorte o seu irmán José que foi asasinado o 10 de setembro de 1936 nas inmediacións de Arzúa. Recoñecementos andres-garcia-ferreiro García Ferreiro foi fusilado o 15 de marzo de 1937 García Ferreiro foi xulgado por rebelión militar e condenado a morte. Fusilárono na Coruña o 15 de marzo de 1937, e a súa familia foi desposuída de parte dos seus bens. No ano 1996 a asociación Adiante Soneira homenaxeou ás vítimas do franquismo e colocouse unha praca conmemorativa ao pé do cruceiro do Castelo. No ano 2010 o Ministerio de Xustiza emitiu unha Declaración de reparación e recoñecemento persoal a favor de García Ferreiro, constando na mesma que “ten dereito a obter a reparación moral (...) mediante a cal a Democracia española honra aos que inxustamente padeceron persecución ou violencia durante a Guerra Civil e a Ditadura”. O concello de Vimianzo organizou no 2011 un acto de homenaxe de Andrés García Ferrreiro no que participaron algúns dos seus descendentes. Nese acto o alcalde, Manuel Antelo, fixo un recoñecemento da lexitimidade denmocrática da corporación municipal de Vimianzo do ano 1936. Máis recentemente, en agosto do ano pasado, Andrés García Trillo, neto de García Ferreiro, doou ao concello de Vimianzo a biblioteca persoal de seu avó, composta por distintos libros de leis e polos 70 tomos da Enciclopedia Universal Ilustrada da Editorial Espasa-Calpe. A Enciclopedia Universal Ilustrada era o maior compendio de saber da época e contiña información sobre os coñecementos e avances científicos e tecnolóxicos, historia, biografías, información xeográfica, das artes e da literatura de España e Hipanoamérica.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios