Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Vimianzo renova a súa sinalización viaria

Vimianzo 5 copia
Novas sinalizacións xa instaladas en Vimianzo
Vimianzo renova a súa sinalización viaria

O Concello de Vimianzo realizará unha renovación integral dos sinais de todo o termo municipal coa instalación de máis de 200 pezas ao longo das 14 parroquias de Vimianzo, de todos os lugares, comezando as tarefas na parroquia de Berdoias e extendéndose ao resto de núcleos.

Os traballos, que xa están sendo efectivados, e se desenvolverán durante dúas semanas, serán de dous tipos: tanto de seguridade viaria como indicativas e informativas, para que tanto veciñanza como visitantes poidan achegarse sen ningún problema aos recunchos máis emblemáticos.

Trátase dunha acción sen parangón, xa que nunca se fixera unha renovación e instalación de tal calado e moitas presentaban un estado de deterioro considerable.

Comentarios