xoves. 14.11.2024
El tiempo

Vimianzo sae á rúa polo Grumir

Vimianzo sae á rúa polo Grumir
Vimianzo manifestase polo Grumir

Apuntabamos a semana pasada que o novo Mapa de Emerxencias esquece ás comarcas de Soneira e Fisterra, deixando a Cee e Vimianzo sen este servizo e centrando os grupos de emerxencias supramunicipais (GES) para cubrir toda a Costa da Morte en Ponteceso e Muros.

Non fican parados os representantes nin o pobo de Vimianzo, e esta mañá de venres 15 de febreiro saiu á rúa para deixar claro o seu rexeitamento. Un cento de persoasinvadiron a praza do Concello vimiancés e escoitaron a lectura deste manifesto por medio do alcalde.

Imaxe dos Grumir de Vimianzo en plena manifestacion

Manifesto do Concello de Vimianzo ante o novo Mapa de Emerxencias de Galicia

No entendemos como, reunindo Vimianzo todos e cada un dos criterios establecidos pola Xunta para ubicar as bases dos grupos comarcais de emerxencia, se desmantela a base do GRUMIR de Vimianzo e se crea unha nova base na Costa da Morte que contradí eses criterios, como son centralidade, experiencia, formación e existencia previa dunha base plenamente dotada de medios.

Ao quitarnos a base do GRUMIR a Vimianzo elimínase un importante servizo para o noso concello, pero tamén para a Costa da Morte, na atención aos labores de protección civil e ás emerxencias.

O mapa de emerxencias que aprobou a Xunta deixa desatendida unha boa parte da Costa da Morte, ao situar nunha esquina a nova base, apartada das estradas principais e da futura autovía, desmantelando a de Vimianzo, nunha ubicación céntrica, encrucillada de camiños, e das principais vías que vertebran o noso territorio.

O GRUMIR de Vimianzo está dotado plenamente de medios e de capacidade para actuar, cun elenco de persoas formadas na actuación en labores de protección civil e emerxencias. Non é entendible que non se teña en conta o esforzo económico feito polo concello, a Deputación e a Xunta durante moitos anos empregado en dotar plenamente a base de Vimianzo do GRUMIR.

Cremos que o desmantelamento do GRUMIR de Vimianzo é unha decisión discriminatoria para o noso concello e para a Costa da Morte, que supón abandonar o noso territorio na atención ás emerxencias.

Esiximos á Xunta de Galicia que non nos quite o GRUMIR e que no novo mapa de emerxencias de Galicia aplique realmente os criterios que di utilizar para a ubicación das base dos novos grupos comarcais de emerxencia.

Esiximos ao Sr. Vicepresidente da Xunta que reciba axiña ao alcalde e aos portavoces municipais para tratar sobre o desmantelamento da base de Vimianzo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios