Luns. 29.04.2024
El tiempo

Vimianzo súmase ao programa de Compostaxe caseira

COMPOSTAXE_VIMIANZO
Vimianzo súmase ao programa de Compostaxe caseira

O Concello de Vimianzo pon en marcha unha nova edición do programa de compostaxe doméstica.

A través deste proxecto, fará entrega de preto dun centenar de composteiros en vivendas unifamiliares. Deste xeito, está dirixido a persoas que residan nunha vivenda illada que conte cunha parcela de, como mínimo, 50 metros cadrados. As persoas que cumpran con estes requisitos e estean interesadas en sumarse á iniciativa, xa poden solicitar os seus composteiros de maneira telefónica chamando ao 981 716 001 ou online cubrindo o formulario habilitado: https://ow.ly/8fYX50RggJz.

O composteiro que se entregará ten capacidade para 400 litros e debe situarse no exterior da vivenda, nunha zona sombreada e protexida das inclemencias meteorolóxicas. Recoméndase que sexa baixo unha árbore de folla caduca e en contacto directo coa terra, para facilitar así a entrada de microorganismos descompoñedores.

O obxectivo desta iniciativa é que a autoxestión da materia orgánica se erixa coma unha práctica habitual nas zonas máis dispersas, dadas as súas incuestionables vantaxes ambientais, económicas e sociais. Así pois, búscase recuperar unha tradición asentada no rural galego, como o é a segregación dos restos orgánicos para alimentación do gando e/ou elaboración do compost.

Comentarios