Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Vimianzo tamén quere un entroido de primeira

Vimianzo tamén quere un entroido de primeira

Aposta forte este ano o Concello de Vimianzo polo entroido. E facendo encaixe entre os programas culturais dos concellos da zona, veñen de escoller a tarde do luns 20 de febreiro como día grade, como o día do Concurso de Disfraces na Praza do Concello. Aló estará, por certo, QPC como membro do xurado.

O pasarrúas percorrerá a vila ata as inmediacións da praza do concello, lugar onde se levarán a cabo as actuacións

As bases xa están presentadas e o prazo de inscrición remata o venres 17 de febreiro ás 14:00h. Xa están pois as comparsas (cun mínimo de 10 compoñentes) preparando as súas actuacións, e coa arte que hai no Distrito Friki de Vimianzo, podemos esperar calquera cousa.

Ademais, os premios será un incentivo, para que o ano que vén haia orzamento para uns disfraces máis traballados:

  • Premio á mellor comparsa: 300€.
  • Premio ao mellor grupo: 150€.
  • Premio a mellor comparsa de Vimianzo: 200€.
  • Premio ao mellor grupo de Vimianzo: 100€.

Máis actividades para nenos e maiores

Pero o entroido virá cargado. Haberá tamén obradoiros de caretas e antefaces polas parroquias, dende o 11 de febreiro enBaíñas ata o 10 en Carnés e Vimianzo.

Ademais, o Baile de disfraces para maiores será o domingo 19 a partir das 19:00h no Centro Social.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios