luns. 02.06.2025
El tiempo

Vimianzo tece reces con Portugal

Vimianzo tece reces con Portugal
Visitas portuguesas en Vimianzo

Na mañá de onte o alcalde do Concello de Vimianzo, Manuel Antelo, mantivo unha xuntanza co empresario e escritor portugués José Augusto Rodrigues e co xornalista Alberto Silva, de Radio Valdevez e do Jornal de Noticias Arcoenses.
José Augusto Silva, de 87 anos, vai a publicar proximamente un libro que trata sobre os vínculos entre Portugal e Galicia. Anunciou que esta publicación se vai a presentar en Portugal pero tamén en Vimianzo.

Rodrigues achegoulle ao alcalde de Vimianzo os convites dos presidentes das cámaras municipais de Arcos de Valdevez e Ponte da Barca para realizar unha visita insititucional aos ditos municipios.

O alcalde de Vimianzo cualifica estes convites como de grande importancia dadas as relacións culturais e históricas que manteñen Galicia e Portugal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios