![Unha boa parte das incidencias tenen que ver co alumeado publico]()
Unha boa parte das incidencias teñen que ver co alumeado público
Beirarúas, calzadas, iluminación, vía pública e puntos de auga son as principais incidencias das que informan os veciños e veciñas de Vimianzo a través da aplicación "Liña Verde" que leva funcionando en Vimanzo dende mediados do 2014. De todas estas incidencias postas en coñecemento poloa veciñanza, o concello resolviu o 92%.
Para utilizar o servizo a través de
smartphone ou tableta, basta con
descargar a aplicación Liña Verde. Para iso o usuario conéctase a PlayStore ou APPStore e dunha forma fácil e intuitiva, prodúcese a descarga. Esta é completamente gratuíta.Unha vez aberta a aplicación no dispositivo móbil, o usuario decide se expor unha consulta ou comunicar unha incidencia. O procedemento é moi rápido e sinxelo. Para comunicar unha incidencia, basta con seleccionar o tipo de categoría. Por xeolocalización, a APP Liña Verde encárgase de detectar de forma automática as coordenadas exactas nas que se sitúa a mesma. Posteriormente, pódese achegar unha foto da incidencia cunha breve descrición. Unha vez enviada, o responsable nomeado polo concello recibe notificación da mesma. A partir deste momento, inícianse os trámites para solucionar a incidencia detectada. O cidadán coñece en todo momento o estado no que se atopa a incidencia comunicada grazas ás notificacións que recibe no seu dispositivo móbil.
"Este servizo, ademais de implicar á cidadanía na consecución dun municipio máis sustentable, facilita en gran medida a xestión diaria dos responsables do propio concello" indican dende o goberno municipal.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Vimianzo