Vimianzo volve fundirse ca cidadanía europea en clave de patrimonio


O proxecto vimiancés “Acción da cidadanía da UE para pobos históricos intelixentes” foi dos 16 seleccionados (das 139 solicitudes) no marco do programa “Europa coa cidadanía”. O Concello de Vimianzo conta así cunha axuda de 146.000€ para desenvolver, durante os vindeiros 2 anos, un novo programa europeo, da man de 40 pequenos concellos rurais de menos de 10.000 habitantes de países como Italia, Croacia, Bélgica, Portugal, Bulgaria, Antigua República Yugoslava de Macedonia e Letonia.
Un proxecto baseado na participación cidadá e no patrimonio cultural material e inmaterial, que pretende crear unha rede europea de pobos históricos intelixentes que dea participación á cidadanía na vida socioeconómica, favoreza accións de compromiso social e defina estratexias de desenvolvemento local que conduzan ao crecemento rural intelixente, sostible e inclusivo na UE baseadas na actividación do legado cultural.
Os grupos de traballo temáticos transnacionais levarán a cabo unha ampla gama de actividades de participación cidadán. A través desas accións desenvolverase un mapa coas mellores prácticas de iniciativas exitosas xurdidas das sinerxias entre a innovación social e o patrimonio cultural.
Contémplase a organización de 7 encontros transnacionais. O primeiro e o últimos están programados para realizarse en Vimianzo.