Xa flúe a pista de xeo de Vimianzo
10:28 17/12/22
Coa de Santa Comba, a pista de xeo de Vimianzo é un dos reclamos deste Nadal na Costa da Morte. Xa está aberta ademais a pista de xeo natural situada na praza do Concello, despois de que esta tarde de venres pequenos e maiores xa puideran disfrutar da maxia dos patíns.
A pista de xeo estará activa ata o próximo 8 de xaneiro en horario de 11:00 a 23:00 horas. As entradas para acceder ao espazo poden reservarse na web municipal (vimianzo.gal) ou descargando a app Saudeter Reservas.