Martes. 19.03.2024
El tiempo

Volven os Cantos de Nadal a Vimianzo

Cantos de Nadal por Vimianzo con Irma Macias
Imaxe da edición do ano pasado
Volven os Cantos de Nadal a Vimianzo
Despois do éxito do ano pasado, o Concello de Vimianzo lanza a segunda edición de ‘Cantos de Nadal’. Unha proposta que desta volta contarán coa actuación do dúo Cives e Caamaño, para achegar a cultura ás parroquias.

A programación iniciarase o 17 de decembro (un día despois da estrea da pista de xeo) ás 18:30 horas na Escola de Carantoña.O mesmo día, ás 20:30 horas, será na Casa da Cultura de Baíñas. O domingo 18 de decembro ás 12:00 horas, no Centro Cultural de Carnés.

O luns 19 de decembro, cita dobre. Ás 18:00 horas, na Escola de Pasarela, e ás 20:00 horas, na Escola de Vilar de Cereixo. O martes, tamén dous eventos. Ás 17:00 horas no Salón Parroquial de Castromil e ás 19:00 horas na Escola de Cambeda.

O mércores 21 de decembro, ás 18:00 horas será no Local Social de Comareiro, en Serramo, e ás 20:00 horas na Escola de Bamiro. O xoves 22 de decembro ás 16:30 horas na Escola de Castrelo, ás 18:30 horas na Escola de Tines e ás 20:00 horas na Escola de Treos.

 Para rematar, o venres 23 de decembro ás 18:00 horas será o fin de festa na Escola de Berdoias. Quen o desexe, posteriormente ás actuacións, haberá degustación de chocolate con churros e outras viandas.

Comentarios