Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un mes de Nadal para visitar o Patrimonio de Vimianzo

Vimianzo_Acendido luces Nadal 2
Vimianzo acendeu o Nadal esta pasada tarde de venres
Un mes de Nadal para visitar o Patrimonio de Vimianzo

O Concello de Vimianzo propón unha serie de visitas guiadas de Nadal baixo o título ‘Vimianzo, historia viva’. Serán de balde e pódense formalizar as inscricións en www.vimianzo.gal/turismo. Haberá dispoñibles 25 prazas por actividade.

Do martes 6 de decembro ao venres 9, contémplanse as seguintes: no Castro das Barreiras, ás 10:00 horas; no Castelo, ás 11:00 horas; nos Batáns e Muíños do Mosquetín, ás 12:00 horas; no Porto de Cereixo ás 13:30 horas e novamente no Castelo ás 17:00 horas.

O sábado 10 e o domingo 11 de decembro, o Castelo ás 11:00 e ás 17:00 horas e os Batáns e Muíños do Mosquetín, ás 12:30 horas e ás 16:00 horas, serán protagonistas. Por último, cabe destacar dentro deste programa, que o venres 23 de decembro ás 10:30 horas, o Castelo de Vimianzo acollerá o acendido do ‘cepo’ de Nadal, na súa lareira.

visitas guiadas vimianzo

Comentarios