A Xunta lanza excusas sobre o Corredor pero ratifica que se executará ata Berdoias “nesta lexislatura”
- O BNG convoca a unha gran andaina de Cee a Berdoias para o 26 de outubro
A pesar de contar con partidas nos orzamentos ano tras ano, a Xunta do PP segue burlándose da Costa da Morte no asunto da Autovía. 8 anos van dende a apertura do xa Corredor ata Baio; 8 anos sen mover unha soa pedra.
Ante esta situación, o BNG convoca a toda a veciñanza a participar nunha andaina entre Berdoias e Cee o vindeiro 26 de outubro, entre Cee e Berdoias, tal e como anunciou a pasada semana no Parlamento Galego. Foi o deputado corcubionés Oscar Insua o que lle preguntaba ao director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez cando se van licitar as obras para executar a fase da autovía A-55 entre Salto e Berdoias coa partida de 2 millóns de euros establecida nos orzamentos deste ano.
O Director Xeral de Mobilidade volveu a evitar responder con concrecións, e para argumentar os retrasos puxo de exemplos a incapacidade do anterior goberno da Xunta (si, 2004-2009), a falta de fondos Next Generation, ou o tempo que tiveron que empregar en valorar a posibilidade de facer a comuncación directa co polígono de Vimianzo, que xa avanzou que segue a ser competencia do estado central, e que apenas o que fixeron foi incluir no proxecto unha alternativa para engadir o enlace.
Deixou claro que o treito de 5,5km entre Baio e Berdoias que leva dende 2020 pendente de executar, será de Corredor, ao entender que os 5.000 coches diarios (o doble no verán), non son suficientes para unha infraestrurura segura de dous carrís.
Con todo, cofimrou que a programación da Consellería é licitar e executar o Corredor ata Berdoias nesta lexislatura, (ata 2028…) esquecendo as promesas incumpridas da última década.
A réplica do BNG
Na resposta inicial, o deputado tamén lle pareceu “un escándalo” que o PP afirme que as infraestruturas se teñen que adaptar ao tráfico. “Vostede sabe canta xente emigrou da Costa da Morte nos últimos 20 anos?; A metade da poboación, 20.000 persoas están vivindo fóra da Costa da Morte Vostedes que queren? Deixar de facer infraestruturas e que teñamos camiños de carros porque non hai xente?” espetou, para advertir que, dese xeito, “imos quedar totalmente despoboados”. Asegurou que precisamente as infraestruturas se fan para desenvolver economicamente as comarcas, sobre todo “as que están máis olvidadas coma a nosa”.
Recriminoulle ao director da AXI que dixese que non hai fondos Next Generation, porque a AG-55 “tiña que estar rematada antes da pandemia”, despois de máis de 20 anos o Goberno do Estado e da Xunta llo prometese á veciñanza da Costa da Morte.
Andaina
Campaña cidadá
A veciñanza lanza nas redes unha campaña dirixida a todos os políticos: