Martes. 19.03.2024
El tiempo

A Xunta de Seguridade Local ratifica a loita contra a violencia de xénero e a baixa criminalidade de Vimianzo

A subdelegada do Goberno Pilar López-Rioboo e a alcaldesa de Vimianzo Monica Rodriguez
A subdelegada do Goberno Pilar López-Rioboo e a alcaldesa de Vimianzo Monica Rodriguez
A Xunta de Seguridade Local ratifica a loita contra a violencia de xénero e a baixa criminalidade de Vimianzo

Aínda segue algo conmocionado Vimianzo despois da agresión machista do pasado mes de maio. E non baixa a garda. Así o corroboraron durante a celebración Xunta Local de Seguridade durante a que Subdelegación do Goberno e Concello acordaban a renovación da adhesión da Policía Local de Vimianzo ao sistema Viogen de loita contra a violencia machista.

Este sistema Viogen (Vimianzo forma parte dende 2010) permite á Policía Local dispoñer de máis información sobre todos os casos activos de violencia machista, de tal maneira que os propios policías locais pasan a asumir o seguimento e control dalgúns destes casos, xeralmente daqueles que sexan considerados de nivel de risco baixo, mentres que a Garda Civil encárgase do seguimento dos casos máis graves.
En todo caso, o número de casos activos asignados á Policía Local será como máximo do 20% do total existentes no Concello e sempre terán consideración de risco baixo ou non apreciado.

Baixa criminalidade

Por outra parte, os representantes das Forzas de Seguridade do Estado informaron da evolución estatística relativa á seguridade cidadá no municipio, na que se constatou que o concello mantén un índice de criminalidade de 20,55 infraccións penais por cada 1.000 habitantes, moi inferior ao provincial, cifrado en 31,8 delictos por cada 1.000 habitantes, e ao galego, que está situado en 29,7.

Novas relacionadas

Comentarios