“Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso”

10:48 11/02/20
Xa o deixaron claro. ”Non gardamos minutos de silencio”, e “Sairemos ás rúas tantas veces coma sexa preciso”. Así, a pasada noite de lunx 10 de febreiro, os colectivos feministas da Costa da Morte volveron saír á rúa para amosar a súa repulsa ante os dous novos asasinatos machistas acontecidos esta fin de semana, nos que perderon a vida Clara María Expósito en Lugo e a Ana en Granada.
A Asociación Sonlilá en Carnota, o Concello en Carballo, a organización Buserana en Cee e as Curandeiras en Vimianzo convocaron sendas concentracións ruidosas, para denunciar que xa van ”nove mulleres e unha nena en pouco máis dun mes. É tanta a dor e a raiba que costa expresalas”, pero onte demostrárono con varios minutos de ruídos e aplausos.
Concentración en Carballo
Concentración en Cee
Concentración en Carnota
Concentración en Vimianzo
Novas relacionadas
- Febreiro 2020: As mulleres da Costa da Morte únense para organizar conxuntamente as mobilizacións do 8M.
- Febreiro 2020: Os 4 colectivos feministas da comarca convocan a todas as mulleres a un Encontro Aberto para organizar o 8M.
- Xaneiro 2020: Curandeiras, Buserana e Sonlilá saíron á rúa contra o novo asasinato machista da Pastoriza.
- As catro asociacións feministas da Costa da Morte reúnense nunha Tertulia Violeta.