Domingo. 12.07.2020
El tiempo

19 obras presentáronse III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”

19 obras presentáronse III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”
III_Mostra_Teatro_Afeccionado_Zas

Tócalle agora o turno ao xurado (formado polo Concello e por Badius Teatro) para escoller os 5 espectáculos finalistas que se representarán na III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”. Pero a cifra de 19 obras presentadas á Mostra, organizada pola Concellería de Cultura de Zas, é todo un éxito de participación. Son obras de 17 compañías distintos puntos do país, entre as que figuras agrupacións de O Carballiño, Coles, Barbadás, Vigo, Chapela, Vedra, Arteixo, Fene, Ferrol, Teo, A Coruña,... Entre as obras presentadas hai todo tipo de xéneros, ainda que cunha certa predominancia da comedia.

Os 5 espectáculos finalistas representaranse os días 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio distribuídas entre o auditorio do pavillón de Baio e o auditorio da Casa do Concello de Zas. A entrega de premios terá lugar o domingo 27 de maio.
Cada unha das obras finalistas recibirá 500€ e un diploma. A mellor obra elixida polo xurado, o mellor actor e a mellor actriz e a mellor obra elixida polo público recibirán cadanseu agasallo conmemorativo.

Novas relacionadas Fonte

comentarios