Venres. 19.04.2024
El tiempo

Pechando o 2019 en clave feminista

Concentracion feminista en Baio-Foto-Vitor de Mira
Concentracion feminista en Baio-Foto-Vitor de Mira
Pechando o 2019 en clave feminista

Se o 2018 xa foi histórico para a loita feminista, este 2019 foi todo un reflexo de que a batalla continúa viva, mesmo en zonas rurais como a Costa da Morte. E así se demostra co peche de ano que protagonizaron as mulleres de Zas, convocando unha manifestación en resposta aos chíos botados nas redes sociais polo cura da súa parroquia.

Coincicindo coa mítica e divertidísima San Silvestre baiesa, un bo centenar de persoas lanzáronse ás rúas respostando á convocatoria dun grupo de mozas. Vestidas cos fuciños do mítico xabarín, facendo un reivindicativo guiño ante a acusación de “manada de porcas” do párroco, as mulleres da zona lanzaron arengas feministas ben determinantes.

Non faltaron alusións á falta de pediatra no concello zaseiro, ofrecendo mesmo un cambio.

Concentracion feminista en Baio-Foto-Vitor de Mira 3

Concentracion feminista en Baio-Foto-Vitor de Mira 2
Fotos de Vítor de Mira

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios