Venres. 26.04.2024
El tiempo

#RECORTES

O temporal Elsa tamén levou… o pediatra de Zas

As familias teñen que desprazarse máis de 20km ata a Ponte do Porto en plena borrasca
Zas sen recortes en pediatria viaxe
O temporal Elsa tamén levou… o pediatra de Zas

Si que zoou forte o temporal Elsa (xa vimos a estampas e as cifras)… Zoou que ata levou ao pediatra de Zas. O Concello soneirán volve quedar sen servizo de pediatría, por enésima vez, como denuncia a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría.

Desta volta, e como vén acontecendo dende hai máis dun ano, as familias teñen que acodir ao Centro de Saúde da Ponte do Porto, a máis de 20km e máis de media hora de viaxs. Unha circunstancia que se dá mentres que a Xunta de Galicia, pide extremar as precaucións na estrada debido ó mal tempo pola borrasca.

”Grotesca, vergonzosa, intolerable, indignante, tercermundista... son uns cantos calificativos que lle damos a situación que estamos a vivir co servicio de pediatría no rural e máis se temos en conta que o pediatra do noso concello acaba de incorporarse este mesmo luns das súas vacacións navideñas”, denuncian dende a Coordinadora.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios