Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Plataforma Zas sen recortes en pediatría únese á Rede de Colectivos en Loita

A Plataforma Zas sen recortes en pediatría únese á Rede de Colectivos en Loita

Grupos de toda Galicia que comparten a súa loita contra recortes en sanidade veñen de ratificar a súa unión esta pasada semana. Foi ademais en Zas onde se rubriu esa fusión dos colectivos ANOVA, Cobas, CAS, Rebelión Alumino, USDG-CUT e a anfitriona Zas sen Recortes en Pediatría.

Despois de facer ruído por cadansúa zona, queren facer global a súa loita contra “un goberno que cada día está a privatizar máis e máis sectores básicos e tan necesarios para a poboación como a Sanidade ou a Educación, para beneficios duns poucos e case sempre dos mesmos”.

”Levamos meses vendo como miles de traballadores viven co medo de non saber que será deles mañán, cando a súa xornada ou contrato remate”, sinalan no seu comunicado inicial. “Tristemente, tamén os nosos maiores, esas persoas expertas e cheas de vivencias e que tanto traballaron por e para todos nós, hoxe son olvidados polo Sistema”.

Teñen claro que ”o rural non desaparece, como nos queren facer crer, senón que o están a matar con políticas estériles”.

Así, a loita social continuará unida por toda Galicia.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios