Mércores. 22.01.2020
El tiempo

RECORTES EN SANIDADE

As familias de Zas piden outro pleno extraordinario ante a nova supresión do servizo de pediatría

A Coordinadora Zas sen recortes en Pediatria pedindo un pleno extraordinario
A Coordinadora Zas sen recortes en Pediatria pedindo un pleno extraordinario
As familias de Zas piden outro pleno extraordinario ante a nova supresión do servizo de pediatría

Xa avisaban a semana pasada de que os [email protected] de Zas volven quedar sen pediatra dende o pasado venres ata o vindeiro 16 de setembro, por mor das vacacións do especialista dos centros de saúde de Baio e Zas.

Novamente a xerencia do Sergas decide non reemprazar a súa praza, deixando ás familias do rural sen os mesmos dereitos que o resto. Agora terán que desprazarse ata o Centro de Saúde de Vimianzo, colapsando aínda máis as Urxencias do devandito ventro.

Unha situación “inaceptable e, sobre todo, insostible” para a Coordinadora Zas sen recortes en pediatría. “Todos estos recortes dos cales levamos sendo víctimas dende hai demasiado tempo están a pasar unha factura demasiado alta. Por iso, dende Zas sen recortes en pediatría solicitamos un pleno extraordinario de carácter urxente ante unha situación crítica”.

Novas relacionadas

Máis novas

Comentarios