Venres. 26.04.2024
El tiempo

Co outono, chega o teatro a Laxe, Carballo e Muros

Co outono, chega o teatro a Laxe, Carballo e Muros

O teatro toma o relevo cultural neste outono costeiro. As festas estivais ceden e os auditorios e casas da cultura quitan o protagonismo dos campos da festa. Se a semana pasada coñeciamos as propostas vimiancesas para outono, hoxe traemos 3 ciclos dos máis interesantes que podemos atopar na bisbarra, como poden ser o XX edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo, a Mostra de Outono de Teatro Afeccionado (MOTA) de Laxe, ou o Outono Teatral de Muros.

XX FIOT Carballo 2011

O pasado venres celebrábase a presentación do XX edición do Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo. "20 anos non é nada", apuntaba o presidente da Asociación Cultural Telón e Aparte, Alberto Sueiro. I é que o festival xa é toda unha referencia ao longo do país, e para demostralo o lema desta edición é "20 anos queréndote".

O programa deste 2011 se desenvolverá entre o 14 e o 31 de outubro, intentando repetir o éxito das últimas edicións onde o Pazo da Cultura quedou pequeno. Serán presenta 28 espectáculos repartidos entre a Rúa dos Contos (con 14 deles), o OTNI (Obxecto Teatral Non Identificado) (3), animación de rúa (3) e as funcións de sala, que serán 8.

Unha estrea en España e tres en Galicia conforman un programa en que Yllana, "pola súa relación emotiva con Carballo", en verbas de Sueiro; e Nuria Espert, porque constitúe "o gran premio" para o público do FIOT, son dous dos protagonistas do teatro de sala. Quico Cadaval, Cándido Pazó ou Paula Carballeira (todos Xograres de Outono) son algúns dos protagonistas da Rúa dos Contos.

O teatro galego máis experimental e tamén chegado de Cataluña ten o seu espazo no OTNI; e continúa o Concurso de Teatro Lido "a canteira que nutre de público ao festival", segundo Sueiro.

Máis información sobre o FIOT

V MOTA de Laxe

Chega ao seu quinto ano a Mostra de Outono de Teatro Afeccionado. Na programación, que por primeira vez está organizada pola recentemente constituida Asociación de Teatro Folerpas, colaboran o Concello de Laxe, a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial, tentando unha vez máis, contribuir a difusión e posta en valor desta arte escénica.

Este outono 2011 a MOTA estará vencellada a actuación e representación de obras concebidas para público tanto adulto como infantil.
A programación terá lugar sempre ás 19.00 horas no salón de actos municipal e quedará constituída do seguinte xeito:

O ciclo comezarán o domingo 9 de outubro coa obra para adultos “O día do Pai”. Tamén para adultos será a cita do domingo 23 de outubro coa obra “Go On”. Os máis pequenos poderán disfrutar o sábado 22 de outubro coa obra “BomVilla”, e o sábado 29 de outubro con “Iara Teatro”.

Outono Teatral en Muros

Este ano foi a compañía de teatro infantil Galitoon a elixida polo Departamento de Cultura do Concello de Muros para abrir a tempada de teatro profesional no Centro Cultural e Xuvenil de Muros. Nesta ocasión a cita desenvolveuse o pasado 1 de outubro e os pequenos disfritaron da obra “Rosalía, a pulga que escribía”.

Por diante quédanos unha importante programación de teatro para este outono, e concretamente no mes de outubro, terán cabida neste auditorio os seguintes espectáculos:

  • O sábado 8 de outubro volve a compañía Galitoon, que poñerá en escea a súa nova obra “Limóns”..
  • O sábado 22 será a compañía Sarabela, a que inaugure a tempada de teatro para público adulto, co seu novo espectáculo: “Tango”.
  • O sábado 29 o auditorio está cedido para o programa “Sábado nas butacas”, no que participa o Teatro Solidario as Insuas, e que nos traerá a Muros unha nova función de teatro amador.

Ademais, tamén durante o mes de outubro, pendente de confirmar á data, poderase disfrutar da representación da obra “Moito conto”, que está subvencionada pola Fundación Paideia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios