25 anos espallando o teatro dende Baio para toda a Costa da Morte
09:45 19/10/11
A campaña de captación de amigos do grupo de Teatro Badius está en marcha coincidindo co comezo deste outono teatreiro. Este grupo de teatro afeccionado con sede en Baio, conta con actores dos concellos de Cabana, Laxe, Vimianzo e Zas.
Un grupo que despois de 25 anos de actividade, pódese considerar un referente nesta actividade na Costa da Morte.
Nos últimos tempos levan percorrendo o país coa súa "Bancagare" ou o seu "Xoo... ante o perigo" , facendo sátira de problemas de hoxe.
Se queres unirte, para máis información chamar o 981 75 13 98, e non dubides en darnos a túa opinión na dirección de correo electrónico [email protected] ou en Facebook no grupo Badius.
Trailer de "Xoo... ante o perigo"
Máis información
Novas relacionadas
- Co outono, chega o teatro a Laxe, Carballo e Muros.
- Zas crea actores e camiñantes.
- O Oeste nas terras de Zas.
- A escola de Teatro de Zas con Badius Teatro.
- O teatro pechou o curso en Zas.
- Badius e Feminino Plural gañan premios no certame de teatro afeccionado máis importante do país .
- Un novo premio nas vitrinas do grupo de teatro Badius .
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).