30 anos de folk e festa na Carballeira de Zas
Xa estivemos contando anécdotas con Lupe Nieto, i é que 30 anos son moitos anos. Así, este sábado, a XXX Festa da Carballeira de Zas era especial, pois un aniversario así non se cumpre tódolos anos. O Festival decano da Costa da Morte viviu unha noite, se cadra algo máis calmada do habitual, pero moi sentida. Non eran este curso unhas bandas de renome internacional, pero o que si demostra a organización é un gusto exquisito, facendo que durante 30 anos sigan pasando os máis grandes do folk internacional.
A noite comezaba a base de gaitas, da man dos Viqueiras de Ordes, un grupo no que a tradición é bandeira. O seu pasarrúas pola carballeira de Velar avanzaba unha brava sesión folqueira. Brava e reivindicativa, pois a presencia da campaña contra a mina e ouro de Corcoesto sempre estivo presente neste entorno natural.
A noite comezaba a ritmo de acordeón, un deses instrumentos que fai danzar a carballeira, e o facía con acento vasco. Nunca defraudan os artistas vascos en Zas e Xabi Aburruzaga non ía ser menos.
Do vasco ao galego, volvendo a ver na carballeira, 17 anos despois, a Berrogüeto. Como valora a xente entendida unha banda referencia en Galicia como Berrogüeto, que espera que non tarden outros 17 anos en voltar. Liderados por un pletórico Xabier Díaz tocando, coma quen din "na casa", foron crecendo en intensidade para rematar cuns bises tremendos.
E da tradición galega, ao virtuosismo escocés de Rua Macmillan, que co seu violín, e apenas acompañado por unha guitarra e unha percusión tradicional, fixeron as delicias dos máis puristas.
A noite remataba a golpe viquingo, cos aragoneses de Lurte que trouxeron caña, caña e caña. E lume, conseguindo enfervorizar ao impactado público.
Unha noite moi especial para celebrar 30 anos da mellor música folk do mundo.
Máis información
- www.festadacarballeira.com.
- Facebook da Festa da Carballeira.
- Axenda Sonora da Costa da Morte.
- Axenda Costa da Morte.
- Axenda festivaleira do verán 2013 na Costa da Morte.
Novas da Carballeira
- 30 anos de anécdotas e do mellor folk do mundo na Carballeira de Zas.
- 2012: A música e a troula puideron ca chuvia na Carballeira de Zas.
- 2012: Lupe Nieto: “Boa música sen troula non cabe na Carballeira de Zas”.
- Carballeira 2010: A Carballeira, a xornada máis festexeira.
- Carballeira 2009: A Costa enteira vivíu a festa do folk.
- Carballeira 2008: Zas mundializa o folk.
Novas festivaleiras
Por vivir:- A Furna do Osmo vivirá unha máxica Noite dos Encantos.
- A Anchoa celebra en galego 15 anos de Folk na Fin do Camiño.
- A Festa da Carballeira cumple 30 anos recibindo aos grandes nomes do folk mundial.
- 9 grupazos para celebrar os #10anosdemusica no Castelo Rock.
- O Festival V de Valarés quenta motores con artistas confirmados.
Outras novas festexeiras
- Verbena galega, outro xeito de facer festa con música do país.
- A música ghalegha daghora está “On the road”.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).