67 establecementos de Baio únense nunha nova edición do Punto Rojo



A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira organiza unha nova edición do “Punto Rojo” que terá lugar os días 10, 11 e 12 de agosto en Baio. Citas que serven para dinamizar o comercio local, seguindo o camiño de accións tan exitosas como o ”Baio ten a pelota” ou a simbólica xornada de peche dos comercios.
Na campaña participarán un total de 67 establecementos de Baio entre os que se atopan tendas roupa e de calzado, droguerías, xoierías,… ademais de bares e restaurantes e outros establecementos do sector servizos. As tendas expoñerán na rúa miles de artigos rebaixados, os locais hostaleiros servirán tapas a 1,50€ e ademais haberá actividades para nenos, e un tren turístico para non ter que coller o coche para facer a ruta dos pinchos.
Outro dos atractivos deste evento será unha exposición de coches novos e deocasión que se ubicará na rúa Vidal Ríos e na que participarán varios concesionarios da zona.
Todo nunha fin de semana chea de premios, pois todas as compras e consumicións realizadas nestes locais poden ter premio, xa que entran no sorteo de bonos de compra por valor de 300€ para gastar nos establecementos participantes, 300€ para mercar en productos de Ramos Alídis e 300€ para consumir no supermercado Eroski.
