A Coral Xan Mella de Baio levou o seu repertorio ata Asturias
07:06 31/10/17
A coral deu un concerto na Basílica de San Juan el Real de Oviedo
Os integrantes da Coral Xan Mella de Baio - que están de 15º aniversario - veñen de gozar dunha fin de semana por terras Asturianas onde o sábado cantou unha misa en latín - acompañada das organistas Alba Blanco e Nuria Vilariño - e a continuación deu un concerto con sete temas na Basílica de San Juan el Real, en Oviedo.
E para repoñer forzas disfrutaron dun pincheo nas instalacións do Centro Asturiano de Oviedo, que facía de anfitrión. Remataron cunha actuación improvisada preto da Rúa Gascona co acompañamento de Xandro Calvo e o seu acordeón. Como todo non ía ser cantar aproveitouse para dar un paseo pola vila de Ana Ozores e para visitar Cudillero, Candás e Avilés. Tampouco faltaron nin a sidra nin as fabes. Neste viaxe-concerto colaborou a Deputación de A Coruña e o Concello de Zas.
A vindeira actuación será o sábado 25 de novembro en Cacabelos, León.
Novas relacionadas
- A coral Xan Mella celebra a súa tradicional comida
- A Coral Xan Mella ponse de xira polo 15º aniversario
- A gran familia da Coral Xan Mella de Baio cumpliu os seus 10 anos
- A Oviedo coa Coral Xan Mella
- A Xan Mella viviu unha intensa fin de semana.
- A Coral Xan Mella celebra o éxito do Encontro cunha boa cachela de San Xoán.
- Redacción QPC ([email protected])
- Coral Xan Mella