luns. 05.05.2025
El tiempo

A familia da Xan Mella celebrou a Comida do Coralista

A familia da Xan Mella celebrou a Comida do Coralista
Comida Coralista da Xan mella Comida Coralista da Xan mella

Como é tradicional os compoñentes da Coral Xan Mella de Baio-Zas xunto a familiares e amigos celebraron o pasado domingo a Comida do Coralista nunha finca do Allo, xentilmente cedida polo empresario baiés Emiliano Busto. Suso Tanara e Maruja Canay foron os encargados de cociñar dúas pantagruélicas paellas para coller forzas para as vindeiras actuacións nos festivais de Santa Cecilia en Carballo e Bueu (Pontevedra).

Xa andan ademais preparando para o acto máis importante do an, a celebración en decembro e na casa, en Baio, do XIII Memorial Pepe Valiña.

Paella da Coral Xan Mella

Fonte

  • Xan Mella.

Comentarios