A gastronomía e a música Coral fúndense en Baio
Que ben o montan estes das corais da Costa da Morte. Ademais de cantar, e disfrutar da música coral, as citas rematan sempre na mesa, cunha pantagruélica cea para recuperar forzas. Así acontenceu esta pasada fin de semana no X Encontro de Corais, que acollía a Igrexa Nova de Baio. Un encontro que servía ademais para celebrar 10 anos de música coral na vila baiesa.
Foi unha completa "tarde-noite redonda de polifonía e gastronomía". Coa Igrexa nova ata a bandeira as catro corais fixeron gozar a un público entregado que bateu palmas con gañas despois de cada interpretación. Os homes do Orfeón de Curtis gostaron moito coa fermosa "Os teus ollos"; a Coral de Calo fixo arrepiar co "Compañeiro" de Fuxan Os Ventos; e os de Pontedeume bordaron a habanera "Tú, mi barco y el mar"; e como non, a local, a Coral Xan Mella, rendiron un merecido homenaxe ao mestre Rey Rivero (falecido o pasado abril) principiando con "Terra Meiga" e rematando con "Jardín de ensueño". Houbo tempo para as estreas, co bolero "Sabor a mi" que gustou moito pola excelente afinación e a riqueza de matices.
E como dicimos, tralo cante vén a "papatoria". Coa presenza dos alcaldes de Zas e de Curtis e un exquisito "estofadillo" cociñado por Maruja de Costa, combinados cun queixo que trouxeron os amigos de Curtis, denominación de orixe, disfrutaron duha agradable sesión, na que non faltaron as cantigas de sobremesa e tampouco as gaitas.
Novas relacionadas
- Máis de 90 grupos da zona participan na Rede Cultural da Deputación, que abre o prazo para Concellos e Asociacións.
- Zas anda e canta.
- Coral Xan Mella: Isto si que é unha Asemblea Xeral.
- Patrimonio e música mestúranse en Baio.
- As corais da Costa lánzanse ao pop.