A III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose” xa ten finalistas


Desexando que chegue o 21 de abril para disfrutar xa das obras finalistas da III Mostra de Teatro Afeccionado “Labarta Pose”. Son 5 as obras escollidas, todas en galego, polo xurado (composto por membros do Concello de Zas e do grupo de teatro Badius), de entre as 19 pezas presentadas.
As obras finalistas que se representarán os días 21 e 28 de abril e 5, 12 e 19 de maio alternando entre os auditorios de Zas e de Baio son:
- “O5 CO2NO5 50N COU54CDE 3”, de Tiruleque Teatro de O Carballiño;
- “All you need is war”, de O Catre Teatro de As Pontes;
- “Mass Co-Medias”, de Os Kabramakabra;
- “Anónima 18”, de Ditirambo Teatro de Montrove.
- “Alén” da Asociación Teatral Paso de Valverde, de Armentón (Arteixo).
No apartado de reservas figuran “En pé de guerra”, de Misturar-T Teatro; “A Illa Marela”, da Asociación de Teatro de Coles; e “Maniféstate”, de Andaravía Teatro – A. C. Papaventos.
Cada unha das finalistas recibirá 500€ xunto cun diploma acreditativo. Tamén haberá premios (un trofeo e un diploma acreditativo) para a mellor obra elixida polo xurado, para o mellor actor e a mellor actriz e para a mellor obra elixida polo público.
Con esta mostra o Concello de Zas demostra o seu compromiso coa cultura, especialmente no ámbito das artes escénicas, e por outra, quere poñer en valor o teatro feito en Galicia e en galego. Novas relacionadas- Talía Teatro lembrou os 40 anos do teatro profesional na Gala dos XXII Premios de Teatro María Casares.
- Os Fouciño volverán situar a Baio no centro do audiovisual galego
- III Mostra: Arranca a III edición da Mostra de Teatro Afeccionado de Zas.
- II Mostra: Zas revitaliza o teatro afeccionado
- II Mostra: “Esperamos que nesta segunda edición Zas consolide a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da axenda cultural”
- I Mostra: Zas consolida a Mostra de Teatro Afeccionado dentro da súa axenda cultural
- A figura de Labarta Pose reactívase coa visita do seu bisneto.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)