Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas escollerá 5 dunha vintena de propostas

A Mostra de Teatro Afeccionado de Zas escollerá 5 dunha vintena de propostas
O Grupo A Mamoa presentouse aa Mostra de Tetro Afeccionado de Zas O Grupo A Mamoa presentouse aa Mostra de Tetro Afeccionado de Zas

Xa case está en marcha a I Mostra de Teatro Afeccionado de Zas. Menudo éxito tivo a primeira convocatoria, con 21 propostas de compañías de teatro de todo o país para levar a súa arte ao concello soneirán. Agora tócalle ao xurado escoller 5 obras, que se representaán os 23 e 30 de abril, os 7, 14 e 21 de maio para levar a entrega de premios o 28 de maio.

Os grupos que presentaron a súa candidatura son os seguintes:

Moreashow, Asociación Cultura A FIestra Teatro, Gargallada Teatro, Farandoleiras Cabaré, Compañía de Teatro Noite Bohemia (que presentou 3 obras), The Puntillas Teatro, Axóuxere, A Mámoa Teatro, Grupo de Teatro de Valadares, Teatro do Centro Cultural de San Fins, Teatro da Atlántida de Matamá, Grupo Bambolinas, Xosé María Pérez Parallé, Tangatunga Teatro, Vacaloura Teátrica, Martabelas ou Andaravía Teatro.

Estaremos atentos ao programa definitivo.

Fonte

Comentarios