Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A música e o cine volven ás Torres do Allo

A música e o cine volven ás Torres do Allo
musica-clasica-torres-allo Mañá sábado, a partir das 20:30 horas, Petrosian ofrece un concerto de música clásica nas Torres do Allo Unha fin de semana máis o pazo das Torres do Allo volve a encherse de actividade para ofrecerlle outras alternativas aos seus visitantes - que esten ano baten marcas -. Así, ademais das visitas guiadas diairas e das teatralizadas dos domingos, mañá sábado haberá o pazo acollerá dous eventos. O primeiro deles será ás 20:30 horas cun concerto de música clásica da mana de Petrosian, quen interpretará co seu violín diferentes obras de Bach, Vivaldi e outros recoñecidos compositores. A súa música envolverá as paredes da Torre Vella do histórico inmoble nun ambiente bucólico e conmovedor, que a ningún asistente deixa indiferente, como así o atestiguou o público das dúas citas anteriores. Este sábado será a terceira actuación do músico nas Torres do Allo, quedadno pendente unha cuarta e derradeira o próximo venres 25, dando peche á actividade “Clásica nas Torres” da programación estival. E o segundo dos eventos programados para esta fin de semana será na mesma noite do día 19, ás 22.30 horas, coa proxección da película galega "A Esmorga", adaptación da obra homónima de Eduardo Blanco Amor e interpretada por Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”. A historia está ambientada na cidade de Ourense, onde se rodou e onde transcorre a noite de festa dos tres personaxes principais. O filme acadou un gran éxito tanto en Galicia como no resto de España e obtivo numerosos galardóns: recibiu seis nos Premios Mestre Mateo no ano da súa estrea, 2014; tres na 20ª edición do Festival de Toulouse e foi nomeada aos Premios Goya na categoría de mellor guión adaptado na XXIX edición. Concurso de fotografía Por outra banda, esta fin de semana remata o prazo para participar no I Concurso de Fotografía Móbil_”Enfoques do Allo” . No concurso pode participar calquera que o desexe e o único que terá que facer é sacar unha foto interior ou exterior do monumento Torres do Allo e a súa contorna e enviala ao enderezo [email protected], xunto cos seus datos persoais de contacto (nome e teléfono). O concello de Zas repartirá 225 euros en premios (100€, 75€ e 50€).

Máis información

Novas relacionadas Fonte

Comentarios