A Pelota baiesa trouxo premios


Despois do éxito da nova edición da campaña Baio ten a pelota, quedaba a última parte, a entrega dos premios. A Asociación de Empresarios Comarca de Soneira facía entrega o pasado venres 26 de maio dos premios aos que fixeron as súas compras na vila e completaron os cupóns de participación.
A Vanesa Pose Garcia entregóuselle o 1º premio, que consiste en Bonos de Compra por valor de 700,00 euros. A Alex Rodríguez Castro, Bonos por valor de 300,00 euros. Ambos os dous deberán canxear os mencionados bonos en calquera dos establecementos participantes na campaña, para o cal disponen dun mes. E xa o 3º premio correspondiulle a Noelia Varela Veloso; unha viaxe en autocaravanas durante unha fin de semana, donado por Autocaravanas Costa da Morte.
Punto Rojo
Con este acto clausuran a III edición de Baio ten a pelota, e a Asociación xa empreza a traballar para o novo eventoIII edición do Punto Rojo en Baio.
Novas relacionadas
- Baio ten a pelota 2017: Pelotas e descontos contra a chuvia e a Autovía.