Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Universidade Sénior da UDC chega á Costa da Morte

A Universidade Sénior da UDC chega á Costa da Morte
Universidade Senior da Costa da Morte-UDC

Hoxe luns 12 de marzo (ata o 21) quedou aberto o prazo de inscrición para a Universidade Sénior - Costa da Morte, o Programa Universitario para Maiores de 50 anos que a Universidade da Coruña pon en marcha xunto co GDR na nosa bisbarra.

Unha fermosa proposta de formación específico para os adultos maiores, que se desenvolverá nos meses de Abril e maio, no Centro Sociocultural de Baio, co afán de promover a democratización do coñecemento.

O programa formativo consta de tres seminarios, impartidos por profesorado da Universidade da Coruña, que abordarán a través de sesións teóricas e sesións prácticas ou saídas de campo, as seguintes temáticas e calendario:

”Arte e Patrimonio”, “Vida saudable” e “Biodiversidade e cambio climático”

Tres son as áreas formativas que abrangue esta primeira Universidade costeira.

O seminario “Arte e Patrimonio. Percepción e idea” correrá a cargo do Profesor Fernando Agrasar Quiroga (Director da Escola Técnica Superior de Arquitectura da UDC), e as clases teóricas se desenvolverán do 4 e 11 de abril de 2018 (de 17h. a 19h); e a práctica, unha saída de campo ao Museo de Man de Camelle, será o 12 de abril (de 10.30h. a 13.30h).

O segundo seminario será sobre “Hábitos de vida saudables. Nutrición e actividade física”, a cargo dos profesores Fernando Cordido Carballido (Facultade de Ciencias da Saúde da UDC) e Isabel Raposo Vidal (Facultade de Fisioterapia da UDC). As sesións teóicas serán do 25 de abril e 2 de maio de 2018 (de 17h. a 19h) e a práctica (un programa de exercicio e actividade física) será o 3 de maio de 2018 (de 17h. a 19h).

Por último, o seminario “Biodiversidade e cambio global en Galicia” será impartido polos profesores Jaime Fagúndez Díaz e Sergio Rodríguez Roiloa (Facultade de Ciencias da UDC). As sesións teóricas serán do 16 e 23 de maio de 2018 (de 17h. a 19h) e a práctica (unha saída de campo Soneira ao natural) será o 24 de maio (de 16.30h. a 19.30h).

Outras actividades

A chegada da Costa da Morte da UDC non se centra só nestes seminarios senón que ademais haberá outras actividades:

• Exposición "Arquitectura Recente na Costa da Morte" / Abril-maio de 2018 • Asistencia ao “VII Encontro Galego de Programas Universitarios para Maiores”, na Coruña. 11 de maio de 2018. • “Acto de Clausura e entrega de diplomas” do Programa de Formación Universitaria para Maiores de 50 anos na Costa da Morte, no Paraninfo da Universidade da Coruña, o 8 de xuño de 2018.

Máis información e inscricións

A inscrición, que é gratuíta, poderá realizarse de xeito presencial a través dos Axentes de Desenvolvemento Local (ADL) dos Concellos participantes, dende o luns 12 ata o 21 de marzo.

Fonte

Comentarios