A zaense Tania Carreira pode convertirse esta fin de semana en "Miss Galicia"
19:18 22/10/10
Tania Carreira Rial nova Miss Costa da Morte 2010
A zaense Tania Carreira, a Miss Costa da Morte, pode convertirse esta mesma fin de semana na muller máis guapa do país. Esta fin de semana celébrase en Lalín o certame Miss Galicia. E alí estará Tania para intentar levar o nome da Costa da Morte a todo o país.
O desfile do certame Miss Galicia 2010 será pois este sábado 23 de outubro ás 20.00 horas, no Pontiñas Centro Comercial de Lalín, organizado pola axencia Pernas & Correa.
Datos curiosos da Gala
Os 24 aspirantes que desfilarán pola pasarela (13 mozos e 11 mozas) virán de todos os puntos da xeografía galega, na que teñen distintos xeitos de gañarse a vida (estudando, traballando...) pero unha mesma ilusión: representar a Galicia cun título cheo de esperanzas, que lle abrirá camiño no mundo da moda e a comunicación..Revista "Galicia de moda"
Xa protagonizou ao longo do verán a portada da revista Galicia de moda. E segue centrando a atención esta beleza costeira. Non perdan ollo de como ven o outono este ano. Tania Carreira, dende o balenario de Mondariz, preséntanos o último para este outono.
Tania Carreira Rial nova Miss Costa da Morte 2010
Novas relacionadas
- Miss Costa da Morte xa é portada da revista Galicia de Moda.
- A zaense Tania Carreira é a nova Miss Costa da Morte:
- A Costa prepárase para elixir á súa Miss.
- Mostra do Encaixe 2010: O encaixe máis picante tralo obxectivo de Marcos Rodríguez.
- Mostra do Encaixe 2009: A cara máis sensual do encaixe de Camariñas.
- O desfile do liño.
Fonte
- Redacción de QPC ( info@quepasanacosta.gal).
- www.galiciademoda.com.