Adrián Torrado e os seus mestres convirten a súa historia de superación nun Programa habilitador dun alumno con parálise cerebral

Os profesores Educación Física Jorge Eijo, Marco Lamela e Juan Díaz, xunto co bo de Adrián Torrado convertiron a súa historia un rapaz con parálise cerebral, que entrou no Centro sen poder andar, e saíu camiñando polo seu propio pé gracias a innumerables sesións de adestramento durante os recreos) nun completo programa habilitador, que poderá ser usado noutros centros.
Na presentación “falarán polo miúdo deste caso, recollido na revista de educación física Ref, que pretende ser un primeiro paso como exemplo a seguir por máis profesionais do ensino, para que traballen co seu alumnado con mobilidade reducida, explican dende COGAMI, entidade que apoia o Programa. “Compartimos a opinión sobre a valoración positiva da historia, polo aspecto de superación persoal que supuxo para o alumno e tamén, desde o punto de vista educativo, como exemplo de boas prácticas, de adaptación e individualización do ensino e de contribución ao desenvolvemento real e efectivo das persoas”.