Venres. 26.04.2024
El tiempo

Afaber imparte en Zas un curso sobre os coidados ao coidador

Afaber imparte en Zas un curso sobre os coidados ao coidador
En colaboración co concello de Zas, a asociación de familiares de enfermos de Alzhéimer de Bergantiños - Afaber -, impartirá a longo do mes de maio un curso de coidados ao coidador, no que os familiares ou coidadores de persoas enfermas coñecerán as técnicas necesarias para o autocoidado. O curso, que se impartirá no centro sociocultural de Zas, terá lugar entre os días 15 e 19 de maio en horario de 10:30 a 12:30 horas. Os interesados en anotarse ou en solicitar máis información poden chamar ao departamento de Servizos Sociais do concello de Zas (981 708 303). O número mínimo de participantes é de seis persoas. Técnicas de estudo Por outra parte, un total de 45 alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria e 1º da ESO do CPI de Zas participaron durante os meses de xaneiro e febreiro nun taller de técnicas de estudo impartido polos servizos sociais comunitarios do concello ao abeiro do programa de Educación Familiar. En total impartíronse cinco sesións nas que se trataron diferentes técnicas para mellorar os métodos de estudo como poden ser a velocidade lectora, o subliñado, o resumo, o esquema… Novas relacionadas Fonte  

Comentarios