Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Baio comproba, a través do fotoxornalismo, que "Nós tamén fomos emigrantes"

Inauguracion da exposicion Nos somos emigrantes en Baio 1
O alumnado do IES de Baio foi protagonista na inauguración da exposición "Nós tamén fomos emigrantes"
Baio comproba, a través do fotoxornalismo, que "Nós tamén fomos emigrantes"

Interesante xeito de inaugurar unha exposición a que protagonizaron onte ABANCA, Afundación e o Concello de Zas. O Centro Sociocultural de Baio recibía ao alumnado do IES Maximino Romero de Baio para proceder á estrea da exposición «Nós tamén fomos emigrantes».

Unha mostra que se enmarca no proxecto «Corrente cultural», e que a través de fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX» ten como obxectivo tratar de achegarnos a a realidade histórica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. É a historia de «millóns de españois que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir», en palabras de Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE entre 1996 e 2004.

Inauguracion da exposicion Nos somos emigrantes en Baio

Ao acto asistiron o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño; o coordinador de Banca Institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; o director de zona Costa da Morte de ABANCA, Víctor Escarís; e a coordinadora institucional da Zona Norte de Afundación, Tatiana Puente. Tamén se realizou unha visita guiada á que asistiron os alumnos e alumnas do IES Maximino Romero de Baio.

A exposición, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar ata o 16 de xuño, de martes a venres en horario 15.30 a 21.30 h, e os sábados de 10.00 a 18.00 h.

Inauguracion da exposicion Nos somos emigrantes en Baio 2

Comentarios