Un novo doble premio estatal consolidan ao IES de Baio como referente en innovación educativa

Segue abusando polos certames de todo o estado o IES Maximino Romero de Lema de Baio, e consolidándose como un referente en innovación educativa, promovendo valores de igualdade, inclusión e saúde a través de proxectos creativos que involucran activamente ao seu alumnado e profesorado.
Desta volta foi distinguido no XXIII Certame de Curtametraxes Cine y Salud 2025 polo seu proxecto audiovisual "El Rap que desconecta". Este certame, celebrado os días 4 e 5 de abril no Patio de la Infanta de Ibercaja en Zaragoza, ten como obxectivo promover a reflexión sobre a saúde a través do cine, involucrando centros educativos, sanitarios e entidades sociais.
O certame deste ano recibiu un total de 92 curtametraxes, das cales 31 foron seleccionadas para a fase final.
A participación do IES Maximino Romero de Lema con "El Rap que desconecta" subliña o compromiso do centro coa promoción da saúde e a inclusión a través de proxectos educativos innovadores.
Nesta curta participa o alumnado de ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e redes: Manuel Campos, Jorge Oreiro, María Amado e Naiara Vázquez coordinados polos docentes Fina Paulos e Óscar Rey.
O xa premiado “IA y síndrome de Rett"
Por outro lado, tamén foi galardoado co voto popular a curta “IA y síndrome de Rett: Una historia de esperanza” dirixida polos docentes Óscar Rey e Fina Paulos, do Departamento de Informática, que conta a historia de Daniela Novo Garrido: