O IES de Baio cumple 30 anos
O día 10 de xaneiro de 1995 inaugurábase o IES Maximino Romero de Lema. Cúmplense hoxe 30 anos, e no centro o celebran como un día máis, como outro día especial.
A construción do centro culminou as aspiracións da vila de Baio que, a partir do legado do bispo Maximino Romero de Lema, loitou para conseguir este centro e achegar as posibilidades de formación a esta zona.
A partir de aí, durante estes 30 anos, centos, agora xa milleiros, de rapaces e rapazas da contorna pasaron por este Centro para continuar coa súa formación e desenvolvemento non só no plano académico senón tamén como persoas e cidadáns maduros e responsables.
Tamén foron moitos os profesionais, persoal docente e non docente, que fixeron posible que aqueles rapaces e rapazas se converteran en profesionais de todos os ámbitos, tarefa que continuamos na actualidade coas xeracións novas.
Hoxe, 30 anos despois, o IES Maximino Romero de Lema segue vivo, cos cambios propios froito do discorrer destes anos, pero mantendo o mesmo espírito dos seus promotores que permitiu, e seguirá propiciando, achegar un ensino público de calidade que permita mellorar as posibilidades e oportunidades do rural galego en igualdade con outras zonas.
Unha comunidade educativa que enriqueceu o continuo proceso de mellora do centro, convertido xa en referente comarcal e galego en innovación pedagóxica.
Esta conmemoración complementarase coa realización de diversas actividades ao longo do ano, ás que convidamos a participar a todas aquelas persoas que son parte desta historia.
Máis novas do centro