martes. 06.05.2025
El tiempo

As merendas da Santa de Muíño cambian de sitio

As merendas da Santa de Muíño cambian de sitio
Xa hai sitios reservados na nova zona de merendas que e de acceso gratuito Xa hai sitios reservados na nova zona de merendas que e de acceso gratuito Como cada 26 de xullo, a parroquia zasense de Muíño vivirá o seu día grande. Tras varios rumores de se celebaría a popular romaría da Santa Margarida ou non, finalmente a festa irá adiante. Iso sí, con cambios. O lugar das merendas mudará xa que as discrepancias familiares coa herencia impiden - polo menos este ano - que os romeiros instalen as súas mesas e toldos no lugar que o facían habitualmente tras pagar a entrada no recinto. "Varios os veciños e veciñas de Muíño puxeronse en contacto con nos para ofrecer os terreos lindantes coa capela", apuntan dende a comisión de festas. Polo que outra das novidades deste ano será que o aparcamento é gratis, a diferenza dos 15 euros que se pagaban nos últimos anos para acceder co coche á zona das merendas. En total poñerán a disposición dos centos de romerios máis de cinco hectáreas de terreo que xa están adecentadas grazas á colaboración do concello de Zas. Xa comezan a verse moitos sitios marcados. Polo resto todo seguirá igual, as pandillas de amigos e familias seguirán xuntandose para desfrutar dunha boa comida campestre, os actos relixiosos reunirán a centro de devotos ante a virxe de Santa Margarida, as orquestas amenizarán a sesión vermú e a verbena e os romeiros peregrinarán cara a fonte milagreira, uns para curar os seus males e outros na procura da diversión. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios