Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As Torres do Allo abrirán do 6 ao 8

As Torres do Allo abrirán do 6 ao 8
Algo é algo. As Torres do Allo, no Concello de Zas, amplían durante esta ponte de Decembro os seus días e horario de apertura. Este referente arquitectónico do renacemento en Galicia abrirá as súas portas os días 6 e 8 de Decembro de 11:00 da mañá e ata as 19:00 da tarde en de xeito ininterrompido. O mesmo horario terá na fin de semana, sábado e domingo, como vén sendo habitual. Tanto o pazo coma o conxunto etnográfico de Torres do Allo son de visita libre e gratuíta, pero é moi recomendable achegarse ás visitas guiadas que teñen lugar á 13:00 e ás 17:00. As Torres do Allo tenen as portas abertas As Torres do Allo teñen as portas abertas e agochan mil segredos
Alén dos atractivos dunha paisaxe de outono como a mais próxima a este monumento, o Xogo de Pistas “Os Secretos Ocultos nas Torres” continúa a ser unha das actividades de máis éxito do pazo. Neste xogo, de maneira divertida e participativa toda a familia pode tentar descubrir xunta a historia das Torres, os seus habitantes, os oficios, os costumes, os detalles artísticos, a riqueza natural e moitos outros atractivos deste monumento histórico no Concello de Zas, na Costa da Morte.

Comentarios