As Torres do Allo estrean horario
08:05 18/09/18
Un concerto do dúo Caamaño-Ameixeras pechou o pasado domingo a exitosa tempada de verán
Despois dun verán cargado de actividades e visitantes, o pazo das Torres do Allo comezou onte o seu novo horario de tempada baixa. A partir desta semana, dende este luns 17 de setembro e ata o 15 de xuño do ano que vén (salvo Semana Santa), o monumento abrirá os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. As visitas guiadas gratuítas seguirán sendo á 13:00 e ás 17:00; non é necesario facer reserva.
Precisamente o domingo, o pazo - xestionado polo concello de Zas - pechou unha tempada de verán na que se bateron todas as marcas. E pechouna ao grande. Diso encargouse o dúo formado por Caamaño e Ameixeiras acompañadas polo seu violín e o seu acordeón.
Durante a tempada baixa, o pazo segue ofertando actividades para toda a familia tales coma o xogo de pistas "Os Segredos Ocultos nas Torres" - que se pode realizar a calquera hora en horario de apertura e tamén sen reserva previa - ou o escape room "Pazo do Allo" no que xa participaron máis de 500 persoas. Este outono e o curso académico xa en marcha, comezará o programa didáctico das Torres do Allo enfocado á comunidade educativa con visitas guiadas adaptadas a cada tramo de idade e obradoiro escolares como Sementes do Allo, Escudo de Familia, a Xincana do Allo, e Tecendo a miña Roupa. Estas actividades realizaranse os venres e son totalmente gratuítas baixo reserva previa por parte dos centros escolares.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/as-torres-do-allo-baten-un-novo-record-de-visitantes/ “As Torres do Allo pechan a tempada de verán cun concerto” — Que pasa na costa “O concurso fotográfico das Torres do Allo recibe case 400 imaxes” — Que pasa na costa- As Torres do Allo dobran en xullo as visitas do mesmo mes do ano anterior
- O xogo do “Escape Room” arrasa nas Torres do Allo
- As Torres do Allo abren a porta por verán
- Suman e seguen as visitas nas Torres do Allo
- As Torres do Allo celebran este domingo o día do xogo tradicional
- Un milleiro de persoas pasaron pola Torres do Allo para ver a Mostra do Traxe Tradicional
- A Deputación e o concello de Zas renovan a xestión das Torres do Allo
- As Torres do Allo poñen en marcha un programa específico para centros educativos
- A artesanía e a tradición enchen de vida o Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo
- As Torres do Allo vístense de traxe tradicional.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Torres do Allo