As Torres do Allo incrementan nun 126% o número de visitantes con respecto ao mesmo mes do ano pasado
08:11 05/09/17
Un total de 1984 persoas visitaron o pazo das Torres do Allo durante o pasado mes de agosto
As Torres do Allo volven a bater marcas. E van xa dous meses consecutivos no que o número de visitantes supera todas as marcas desde que este monumento abrise as súas portas ao público aló polo ano 2005. Así, no mes de agosto foron un total de 1984 persoas as que se achegaron ao pazo máis antigo de Galicia para visitalo libremente e delas, 963 gozaron das actividades complementarias dos meses de verán.
Ás visitas teatralizadas guiadas polos Quinquilláns asistiron 438 persoas durante o mes de agosto seguidas da actividade Xogo de pistas na que participaron 187 persoas ou o ciclo de Clásica nas Torresque congregou a 126 asistentes. Todo isto supón un incremento do 126% respecto do mes de agosto do ano anterior e un 42% máis que no mesmo mes en 2015.
Estes datos consolidan ao monumento - declarado Ben de Interese Cultural no 1999 - como parte das visitas imprescindibles no xeodestino Costa da Morte, de onde proceden un 27% dos visitantes. O pazo das Torres do Allo, atrae a público de tódalas procedencias e nacionalidades. Destacan sobre todo Madrid, Cataluña, País Vasco e Castela e León como as comunidades autónomas de maior afluencia. Un 36% dos visitantes veñen doutras partes de Galicia atraídos pola historia do pazo e a excepcionalidade da súa arquitectura e contorna.
O 2017 foi un ano de novidades para as Torres do Allo que estrearon unha completa programación cultural de verán así como unha páxina web e perfil nas principais redes sociais. A xestión dos vistantes corre da man do concello de Zas, a través da concellería de Cultura encabezada por Manuel García Velo. "A falta de cinco meses para pechar o ano, Torres do Allo está preto de duplicar as cifras de visitantes de todo o ano 2016" aseguran dende o goberno municipal.
Vindeiras actividades
Son varios os motivos polos que merece a pena visitar este espazo, pero quen se achegue estes días ao Allo, poderá desfrutar das visitas guiadas, xogos en familia ou incluso formar parte do xurado do I Concurso de Fotografía co Móbil “Enfoques do Allo”.
Tódolos días ás 13 e 17 horas hai un servizo gratuito de visitas guiadas nas que os participantes coñecen unha perspectiva
diferente e amena das Torres do Allo. Un percorrido para coñecer e aprender que un pazo, non é só un edificio, senón que é parte integrante dun entorno natural e etnográfico que transcorreu paralelo a un modo de vida.
Tamén todos os días, en horario de apertura, podese participar no xogo de pistas “Os secretos Ocultos nas Torres”. Un divertido xogo para todas aquelas familias que desexen, a partir de secretos ocultos, atopar un tesouro moi especial que ninguén lles poderá quitar.
Outra forma de gozas das Torres do Allo é participar como "xurado" no concurso de Fotografía co Móbil “Enfoques do Allo”. A pasada semana o noso xurado seleccionou entre preto de 300 fotografías ás 10 finalistas. Até o día 10 son os usuarios os encargados de votar no facebook do pazo pola imaxe favorita. Ás tres fotografías que máis “gústame” recaden serán as gañadoras do concurso.
Máis información
Novas relacionadas- Cinco razóns (ou máis) para visitar as Torres do Allo
- A música e o cine volven ás Torres do Allo
- As Torres do Allo bate récord de visitas
- De ruta polos pazos de Zas
- Continúan as actividades nas Torres do Allo
- As Torres do Allo énchense de música clásica, xogos e visitas guiadas durante a fin de semana
- Zas promociona as Torres do Allo a través dun concurso de fotografía
- As Torres do Allo dixitalízanse e énchense de actividades
- As Torres do Allo estrean horario de verán
- Un grupo de profesores de distintas universidades visitan as Torres do Allo
- Lucho Penabade: “O Castelo de Vimianzo e as Torres do Allo son os escenarios ideais para as visitas teatralizadas”
- Abril 2017: As visitas teatralizadas volven ás Torres do Allo na Semana Santa
- Xaneiro 2017: As Torres do Allo estrean folletos
- Xaneiro 2017: Os mil segredos das Torres do Allo
- Novembro 2016: 140 alumnos de Zas aprenden a historia da comarca nas Torres do Allo
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas