As Torres do Allo reciben a visita dos alumnos e alumnas dos centros educativos de Zas e Baio
07:01 11/11/16
A compañía Os Quinquilláns contará a historia das Torres do Allo a través dunha visita teatralizada
As Torres do Allo recibirán esta mañá - entre as 10 e 13 horas - a visita dos alumnos e alumnas do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose e do IES Maximino Romero de Lema.
Os membros da compañía Os Quinquilláns serán os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane para que os escolares coñezan a través dunha visita teatralizada un pouco máis da historia do pazo.
Esta actividade enmárcase dentro do porgrama de divulgación “Pazos da Terra” posto en marcha este verán pola concellería de Cultura de Zas, e no que participaron máis de 400 persoas.
Novas relacionadas
- Setembro 2016: As Torres do Allo acollen unha exposición de pezas de Olería de Buño
- Setembro 2016: Máis de 2200 persoas visitaron as Torres do Allo durante o verán
- Setembro 2016: 400 persoas disfrutaron das visitas teatralizadas das Torres do Allo
- Xullo 2016: Máis de 900 persoas visitan as Torres do Allo nos últimos tres meses.
- Xullo 2016: As Torres do Allo potencian o seu pasado.
- As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
- O Concello de Zas xestionará as visitas e a difusión das Torres do Allo
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Zas