Martes. 10.12.2019
El tiempo

As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo

As visitas teatralizadas chegan ás Torres do Allo
Os Quinquillans encargaranse do espectaculo teatral que sera todos os domingos de xullo e agosto as 1930 horas Os Quinquilláns encargaranse do espectáculo teatral que será todos os domingos de xullo e agosto ás 19:30 horas A historia e o teatro son os dous ingredintes básicos do novo proxecto de divulgación que se pon en marcha este domingo nas Torres do Allo. Os Quinquilláns serán os encargados de darlle vida a Francisca Rioboo e a Víctor López Seoane nun espectáculo teatral gratuito e aberto a todos os públicos no que visitantes e anfitrións percorrán tanto as estancias interiores como as exteriores do pazo onde terán lugar conflictos, contos e diálogos. Estas visitas guiadas teatralizadas repetiranse todos os domingos dos meses de xullo e agosto. A función comeza sempre ás 19:30 horas e terá unha duración aproximada de 35 minutos. O concello de Zas pretende a través deste programa, bautizado como "Pazos da Terra", difundir un dos edificios máis emblemáticos do municipio, as Torres do Allo. Ésta é unha das actividades postas en marcha pola concellería de Cultura dende que o concello xestiona as visitas e a difusión deste monumento turístico. Ademais, ao igual que outros dos monumentos turísticos da Costa da Morte, as Torres do Allo teñen activo até o 15 de setembro o horario de verán. O edificio está aberto aos visitantes de luns a domingo, de 11 a 20 horas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios